I CROSS NOCTURNO DE BRION

Carreira dura, 12 quilómetros nocturnos en formato cross, con moito xiro e terreo que acusaba a choiva dos días pasados. Doble metal para o C.D. Biosbardo:

- Enara Fernández vence na categoría senior, entrando no 5ª posición absoluta

- Iván Sangiao fai o propio en categoría master, entrando como 4º absoluto

5K TABOADA

Unha das clásicas, xa instaurada no calendario lucense, a carreira "Entre pazos e Carballos" de Taboada!

Fran Sobrado faise co bronce absoluto na competición de 5k

¡Un luxo poder acompañalo no seu progreso!

NORABOA

¡MEDALLISTAS MUNDIAIS!

Tódolos resultados na sección "running" - Campións Galegos de Trail por Clubs, 3º posto en feminino; campións por categorías de trail classic, maratón e carreiras de montaña, medallistas nacionais e agora... ¡MEDALLISTAS MUNDIAIS! E todo iso fieis ós nosos principios e valores, as medallas son pasaxeiras, a nosa atitude duradeira

¿Un club aberto donde compartir a paixón polo deporte ?

A promoción do deporte, saúde e benestar son a nosa razón de ser.

Para nós o importante é vivilo e desfrutalo. Ti escolles o teu ritmo, nivel e cómo queres avanzar... Podes ser 'runner' e tamén ser taekwondista, dende unha andaina ata un 'Ultra'; ó teu ritmo pero con moita ledicia en cada paso. No C.D.Biosbardo estamos orguiosos dende os grupos de iniciación ata ós competidores internacionais.

 


Deporte e saúde

Pensamos en ti

Con paciencia e traballo, sempre xuntos, adestramos, competimos e divertímonos e tódalas facetas que a práctica do Taekwondo, Running e o deporte en xeral, máis a convivencia nos brindan día a día.


Amizade e convivencia

A felicidade o primeiro

A nosa base é a amizade, o diálogo e o benestar de tódolos socios e socias. En cada actividade social ou en cada adestramento a convivencia é primordial


Superación

Conquista as túas metas

Canda deportista é unha peza dun todo. Motivación, ánimo, esforzo, perseverancia, cortesía, espíritu indomable son algúns dos nosos principios..

Ti decides cómo e cando facer deporte, nós queremos que o desfrutes

-CENTRADOS NO DEPORTISTA-

A participación de tódolos socios e deportistas do club vai enfocada a acadar o benestar poñendo ó alcance do deportista tódalas facilidades para a práctica do deporte en xeral, dende a dispoñibilidade de material para exercicios de propiocepción ou rehabilitación así como a práctica ós distintos niveis de Running e Taekwondo

RUNNING

Ó teu ritmo

Ti decides cómo e donde, nós buscamos que o desfrutes

TAE KWON DO

Adrenalina e equilibrio

Practica por pracer e compite se o desexas, non te poñas límites

FELICIDADE

Compárteo en equipo

Dende o primeiro paso compartimos retos e éxitos

¡¡¡ UN FLASH BIOSBARDO !!!