Atletismo

CAMPIÓNS GALEGOS DE TRAIL 2024

Campionato Galego de Trail, Muros, 18 Febreiro 2024

Equipo campión galego absoluto.

Vitoria para o equipo masulino, liderando solidamente a clasificación absoluta.

Terceira praza para o equipo feminino, loitando ata o final.

Marcos Pascual - Campión Galego M35

Federico Losada - Campión Galego M45

Emilio Montilla - Campión Galego M50

¡NORABOA BIOSBARDA!

10 K VILA DE PADRÓN

- Febreiro 2024 -

TAMARA GARCÍA, MELLOR MARCA PERSOAL, 4ª ABSOLUTA, 2ª SENIOR

TAMARA GARCÍA 🏅 10K VILA DE PADRÓNMellor marca persoal #mmp para a atleta de Dozón este sábado no 10k padronés, donde se fixo co 4º posto absoluto 🤩 á par que se coroaba subcampioa senior🥈Loitar por superarte: atitude biosbarda, valores biosbardos 🤩www.biosbardo.com

TRAIL TERRAS DE BURÓN

- Fonsagrada - Xaneiro 2024 -

O Trail do Inverno

Proba de máxima puntuación na Fonsagrada donde as e os nosos se perfilan nos postos altos do trail galego.

Fico Losada - bronce absoluto en 30K

Milo Montilla - 5º absoluto e 1º Veterán en 30k

Tamara García - 4ª absoluta (3ª galega)

Noraboa a todos

15K CASTRO DE REI

- Castro de Rei a Castro Ribeiras do Lea - Xaneiro 2024 -

Dobre (triplo) recompensa

Juan Miguel Fernández revalida título como o corredor local máis rápido.

Iván Sangiao Faise co bronce Master, facendo 8º posto na xeral.

Ámbolos dous deportistas rebaixan notoriamente o seu tempo previo na proba.

¡ NORABOA !

I Trail Montes de Oleirón

- Rois - Xaneiro 2024 -

Jonathan Pérez - Subcampión Senior

I edición do Trail Montes de Oleirón, no concello de Rois. Unha proba que percorre os sendeiros dos montes de Rois e que estivo marcada polas baixas temperaturas no inicio matinal así como unha gran presenza de lama en gran parte do percorrido.

Jonathan Pérez inicia 2024 coa segunda praza senior neste evento, no cal obtivo moi boas sensacións, quedando con ganas de máis.

Noraboa

#plastifer #riosil #veterinariacvc

San Silvestres 2023

Despedindo o ano con atitude biosbarda

Múltiples probas, múltiples localizacións, pero un mesmo sentimento, unha mesma atitude biosbarda.

Desde Lugo, Betanzos, Coruña, Santiago, Ponteareas, Pontevedra, Ourense, Rábade, Vilalba, Vigo e Castrelo de Miño...

Nesta última subcampionato para Tamara García que continúa así a súa racha do último mes

SIN SON 10K

- Porto do Son - Decembro 2023 -

MELLOR MARCA PERSOAL

Debú de Tamara García coa Biosbarda nas terras costeiras. Porto do Son acollía a clásica Sin Son 10K donde se congregaron as mellores corredoras da distancia. Gran resultado de Tamara García na súa estrea Biosbarda colleitando un 2º posto senior e Mellor Marca Persoal en 10K

POPULAR DE BOIMORTO

Decembro 2023

Bronce Absoluto de Emilio Montilla

Proba rápida, dúas voltas en Boimorto marcadas por un terreo cunha mistura de asfalto, pista e camiño. Dada a climatoloxía recente, terreo cambiante entre a firmeza do asfalto e a inestabilidade con lama. Ante todo isto gran traballo, afouteza e perseverancia de Emilio Montilla, que desputaba unha proba con moita confianza, sólido e que o auparía no 3º chanzo da Xeral. Bronce Absoluto loitando fóra da zona de confort. NORABOA

ANILLO DE MATALLANA

Iván Sangiao faise co absoluto en Matallana de ToríoCarreira con 68k e 5mil metros de desnivel positivo. O Anillo de Matallana é unha proba esixente donde o noso atleta desfrutou dun percorrido fermoso, con saída ás 00h do sábado facendo gran parte do trazado nocturno.Enara e Roberto desputaban a modalidade de 17k donde se atopaban as pendentes máis duras do eventoNoraboa a tod@s #Plastifer #cafeteriariosil CVC Clínica Veterinaria Caldas

CAMPIONATO GALEGO DE MEDIA MARATÓN

Vilagarcía de Arousa acolleu este domingo, 26 de novembro, o Campionato de Galiza de Media Maratón donde contamos con Enara, Emilio, Eneko, Iván e Roberto. Boa actuación no marco individual anque lonxe das mellores marcas pero un bo resultado a nivel de equipos cun 17º posto xeral e sendo o 1º equipo masculino da provincia de LUGO. NORABOA

CARREIRA MARUXAINA

CERVO - NOVEMBRO 2023

Luis Pérez - Bronce VC

Primeira edición da proba mariñá que servía como colofón á inauguración das pistas de Cervo. A carreira popular Maruxaina tiña un debú máis que satisfactorio para o C.D.BIOSBARDO

Luis Pérez faise co bronce en categoría Veterán C, unha gran recompensa para o esforzo do noso 'pequeno' veterán e que saca a relucir o traballo diario.

NORABOA LUIS

Canóns do Sil

Parada de Sil - Outubro 2023

Dominio de Eneko Hurtado

O C.D. Biosbardo domina os Canóns do Sil, unha proba histórica que percorre o concello de Parada de Sil, un marco de luxo.

Eneko Hurtado coróase como campión absoluto na proba dos 7k acompañado polo subcampionato de Francisco Sobrado, o que ratifica o dominio do equipo na poba máis explosiva.

Desafío Internacional Ecocamiño 110k

- Outubro 2023 -

Emilio Montilla top 5

Proba Internacional do calendario IAU e da RFEA con inicio en Sarria e meta no Monte do Gozo, Santiago de Compostela.

Emilio Montilla domina a súa categoría sendo tamén o 4º clasificado na súa carreira máis longa desputada ata o día de hoxe.

A Cerimonia de primiación tivo como escenario o Obradoiro nun marco histórico-deportivo sen parangón.

NORABOA A TODOS

MEDIA MARATÓN GRAN FONDO PONTEVEDRA

- Outubro 2023 -

Bronce M35 para Iván Sangiao

A beira do Lérez competiron Enara Fernández e Iván Sangiao na proba de 10k e Media Maratón respectivamente.

Iván Sangiao fíxose co bronce na categoría M35 rematando en 1h17 minutos a media maratón.

Enara Fernández continúa progresivamente entrando en competición despois de case un ano de ausencia competitiva. A deportista biosbarda xa está achegándose a ritmos ós que nos tiña habituados o cal é un empurrón para consolidar o equipo feminino.

CARREIRA DE MONTAÑA DO CLUB FLUVIAL

LUGO - Outubro 2023

Subcampión

En plenas festas de S. Froilan non hai mellor lugar que as beiras do Miño para desfrutar dunha boa carreira. O Fluvial de lugo organiza tódolos anos a súa popular polas festas patronais e alá foi Eneko, brindándonos un marabilloso segundo posto M35 no seu retorno á competición.

¡NORABOA ENEKO!

TRAIL CASTELO DE VITRES

- BOIRO - Setembro 2023

Emilio Montilla - Subcampión absoluto

Hoxe estivemos 'navegando' en Boiro e Cangas🏃 Finalmente o tempo respetou e desfrutamos dunhas probas moi entretidas🤩 Noraboa a Emilio Montilla por ese 🥈posto absoluto no Trail dos Indios (Vitres) en Boiro👏🔝🔥 Setembro 2023

TRAILRUNNING - CAMPIONATO DE ESPAÑA MASTER

CANFRANC - SETEMBRO 2023

Emilio Montilla - Bronce M50

Histórico resultado do deportista biosbardo, cruzando a liña de meta en 3h15' despois de percorrer a pala de Ip e coroar La Moleta con 26 quilómetros e máis de 1600 metros de ascenso na montaña Pirenaica.

Medalla de Bronce no Campionato de España Master para 'Milo' na categoría M50

RIAÑO TRAIL RUN

- Xuño 2023 -

Éxito da expedición biosbarda

O C.D. Biosbardo competíu en Riaño Trail Run:

Na proba grande Subcampión Absoluto para Iván Sangiao. Tamén bronce Senior para Jonathan Pérez. Gran loita que nos brindaron!

Na proba de 45k subcampionato veterán para Juanmy Fernández nun retorno á competición vibrante.

Gran nivel o amosado por Katia e Eneko que se ben non subiron ó podio brindáronnos unha posta en escea impecable

CAMOVI

- Viveiro - Abril 2023

Debut de Fran Sobrado con recompensa en CAMOVI

O deportista, natural de monterroso, acada o seu primeiro podio Biosbardo na súa estrea coas cores raposas

Bronce na Carreira en relevos: 42k acompañado por Iván Sangiao, donde Fran sufríu e desfrutou a partes iguais

Noraboa

Campionato Galego de Trail

- A Pobra do Caramiñal - Abril 2022 -

Campionato Galego de Trail Running Iván Sangiao faise coa vitoria MasterA Pobra do Caramiñal, na Serra do Barbanza, foi novamente escenario dun campionato galego da Federación Galega de Atletismo, donde estiveron os nosos deportistas.Nesta ocasión desputouse o campionato nun terreo moi cambiante de 26 quilómetros e case 1300 metros de desnivel.

II Trail Cova da Bruxa

- Muros - Marzo 2023

Segunda 'nova' edición

Os nosos deportistas desfrutaron dunha nova edición polos montes muradáns completamente renovada. A organización agasallounos cun percorrido con encanto e bruxería.

No deportivo, bó rendemento dos nosos deportistas que desputaron a proba longa no percorrido "3 picos" facéndos Iván co 3º posto master.

Proba oficial da Federación Galega de Atletismo

Trail Balboa

- Balboa - Marzo 2023

Pobos con Encanto

Unha proba moi especial, pola que voltamos cada ano.

Jonathan Pérez fíxose co 3º posto senior, nunha carreira marcada por un ritmo alto dende o inicio. O noso deportista mantívose preto da cabeza amosando unha boa xestión de carreira e un estado de forma ilusionante.

Os deportistas do C.D.Biosbardo destacan a impronta da carreira, Balboa sitúase na montaña leonesa outorgádonos un percorrido fermoso e unha atención moi coidada ó atleta.

Noraboa a tod@s

Trail da Filloa

- Zas - Febreiro 2023 -

Subcampión absoluto gran trail

Iván faise co subcampionato no Trail da Filloa. Os montes de Zas acolleron esta proba donde o noso deportista tivo problemas dende o inicio da carreira sendo 'psicoloxicamente duro' manterse na mesma.

Cabe destacar a nosa participación non só en tódalas distancias senón tamén na andaina, amosando o compromiso coa saude e o benestar do C.D.Biosbardo

Trail Terras de Burón

- A Fonsagrada - Xaneiro 2023 -

'O Trail do Inverno'

Para rematar Xaneiro, o C.D.Biosbardo estivo na #Fonsagrada no I Trail Terras de Burón. Unha fermosa paisaxe nevada daba a benvida a esta proba que percoreu lugares icónicos da comarca.

O trazado caracterizouse por ser en 'V' cunha baixda pola neve divertida, percorrendo soutos e fragas na parte baixa e voltando a unha capital fonsagradina nevada. Na proba de 27k 3º posto Absoluto para Iván Sangiao e trofeo de chocolate para Joni Pérez na de 16k. Noraboa a tod@s #plastifer #cafeteriariosil

Trail de Cela

- Bueu - Xaneiro 2023 -

Enara Fdz. bronce

A deportista biosbarda voltaba á competición comezando a tempada en Bueu. No Trail de Cela, a atleta percorreu os case 27 quilómetros e máis de mil metros de desnivel positivo en pouco máis de 3 horas para subir ó podio como 3ª senior. A competición feminina estivo dominada por Verónica Bugliot, unha das fixas da selección galega, o que amosaba o nivel da proba que percorreu os montes de O Morrazo.

V Carreira Castro de Rei

-Xaneiro 2023-

Profeta na súa terra...

Inicio de ano cunha clásica chairega, os case 15 quilómetros de percorrido entre Castro de Rei e Castro Ribeiras do Lea contaron cun Biosbardo profeta na súa terra: Juan Miguel Fernández, que se coronou como mellor atleta local facendo gala dun estado de forma en constante evolución.

Atrás quedan os meses de recuperación, vendo como agora o atleta biosbardo comeza a construír con firmeza a tempada 2023.

Noraboa a tod@s

CASTRO CALDELAS VEGAN TRAIL

- Decembro 2022-

Vitoria absoluta

O C.D.Biosbardo sube ó máis alto na Castro Caldelas Vegan Trail: Iván Sangiao liderou a proba de 42 km e 3000 positivos que percorreu a Ribeira Sacra Ourensá nun percorrido moi esixente (máis de 6 mil de desnivel acumulado). Juan Miguel (Juanmy) desputaba a proba de 21k, amosando ámbolos dous deportistas avance no tratamento das súas doenzas e lesións. Noraboa a tod@. FOTOS Adolfo Docasar

IX Milla Solidaria 'Anedia'

Pontevedra - Novembro 2022 -

Evento explosivo, desputado no centro de Pontevedra donde Enara Fernández se fixo coa 3ª posición de categoría  A.

A nosa deportista, enfocada a distancias máis longas saíu da súa zona de confort por todo o alto.

Este evento foi en favor de 'Anedia' co carácter solidario baixo o eslogan 'Móvete pola diabete'

Ultra Sanabria by Stages

Zamora - Outubro 2022

Subcampións Gran Trail

A parella formada por Eneko Hurtado + Enara Fernández fixéronse coa 2ª praza despois de realizar unha remontada tremenda na última e decisiva etapa. O Gran Trail na modalidade parella mixta coronou co subcampionato ós nosos dous deportistas logo de completar nas 3 etapas os 62 quilómetros e 3 mil positivos.

Tamén no Gran Trail Jonatan Pérez acariñaba o top15 absoluto.

Carreira de Montaña Club Fluvial Lugo

Proba que percorre os sendeiros fluviais do Miño ata as inmediacións de Ombreiro, voltando pola contorna de Penarrubia e Segade o que deixa unha panorámica fermosa da cidade de Lugo. Proba dominada polo C.D.Biosbardo na distancia longa.

Outubro 2022

Carreira Popular de Xermade

Proba do calendario e cos xuíces da Federación Galega de Atletismo. Na localidade chairega dispúxose un circuíto de 6,5 quilómetros rápido e orixinal que percorreu o núcleo da vila. Iván Sangiao fíxose co 2º posto senior invertindo 22'25'' nunha proba dominada por Esteban Díaz, de As Pontes.

Outubro 2022

Trail da Carixa

Silleda & Vila de Cruces - Setembro 2022

Reencontro coa victoria

Os nosos deportistas percorrían un trazado fermoso a través dos concellos de Silleda e Vila de Cruces, por lugares idílicos como a fervenza do Toxa ou históricos coma o Mosteiro de Carboeiro.

Enara Fernández e Iván Sangiao vencen con autoridade na modalidade "relevos" 9k + 12k mentres que na modalidade individual 21k voltaban á carga o noso combinado.

Foto: Fernando Alva

43 edicións!

Enara Fernández faise co triunfo absoluto percorrendo os case 6 quilómetros da tradicional Carreira de Pardiñas a un ritmo que non deu opción ás súas perseguidoras.

Pola súa banda, terceira posición absoluta para Iván Sangiao no cadro masculino.

Carreira clásica que coma tódolos anos abre o mes de Agosto. Noraboa!


NOCTURNA 10K VILAGARCÍA

Arousa - Xullo 2022

Enara Fernández faise coa 3ª praza senior nesta carreira nocturna. 3 voltas ó centro de Vilagarcía donde a nosa corredora puido manterse firme e subir ó 3º chanzo do caixón.

Noraboa!

TRAIL HEROICA SACRA

- Chantada -O Saviñao - Xuño 2022

Campioas por equipos no Trail Heroica Sacra

As deportistas do C.D.Biosbardo #plastifer fixéronse coa vitoria feminina nesta proba que comezou en #Chantada e rematou na #praiadacova cun total de 22k.

Enara Fernández e Katia Senín realizaron unha boa estratexia e xestión de carreira.

Noraboa deportistas

 #cafeteriariosil #Clínica Veterinaria O Salnés Vicepresidencia. Deputación de Lugo Deporte Galego

Carreira Montaña Chandrexa Trail

-Xuño 2022-

Terceira posición absoluta biosbarda na distancia raíña, nunha proba de montaña que nos seus case 44 quilómetros acumulaba 6 mil metros de desnivel

TRAIL ORIXES

- Mondariz - Maio 2022

Proba clásica que estreaba data.

Os deportistas desputaban as distancias Maratón e Trail, que percorrían a contorna por lugares idílicos como Coto de Eiras, Caxil, ou o entorno do Furafollas.

4º posto absoluto e 1º de categoría para o C.D.Biosbardo #plastifer

Castro Trail - Barbadás

Maio 2022: Os nosos deportistas encararon unha nova edición desta proba, dividida en dúas distancias colleitando un 3º posto Absoluto na distancia longa.

Reportaxes gráficos nas nosas redes: https://www.facebook.com/biosbardoclub

QUIROGA TRAIL CHALLENGE

Trail do Castelo + Trail do Lor - maio 2022

'A Festa do Trail Galego'

Os deportistas do C.D.Biosbardo non se perden esta cita que percorreu o Xeoparque Mundial Montañas do Courel.

Jonatan Pérez realizou unha carreira magnífica no circuito Maratón (42k o sábado e 27 o domingo) finalizando 5º absoluto e 3ºSenior. Tamén foi finisher nesta modalidade Eneko Hurtado mellorando as súas previsións no crono final.

Juanmy Fdz. fixo unha carreira impresionante no circuito mini (17quilómetros cada xornada) mentres que Katia Senín finalizou con éxito o percorrido mini do Trail do Lor.

CAMPIONATO GALEGO TRAILRUNNING

- A Pobra do Caramiñal - Abril 2022

Iván Sangiao 2ºposto

O deportista de Rábade acadou nesta edición a 4ª praza absoluta, facendo un 2º posto de categoría.

Con este resultado o C.D.Biosbardo #plastifer contará con serias posibilidades de ter neste ano representantes na selección galega de Trail.

Noraboa deportistas

#clinicaveterinariaosalnes

#cafeteriariosil

#deputaciondelugo

#deportegalego

I TRAIL COVA DA BRUXA

- Muros - marzo 2022 -

Enara Fernández subcampioa senior

Primeira edición desta proba que percorría os montes muradáns dende o lugar de Serres.

A nosa deportista, de categoría senior, facíase co segundo caixón do podio na proba de 24k.

Noraboa

XACORUN

- Sarria - Portomarín - Marzo 2022

Iván Sangiao subcampión senior.

O deportista do C.D.Biosbardo #plastifer realizaba unha carreira de menos a máis, remontando 4 posicións dende o control intermedio, asinando así unha 4ª posición xeral e un 2º posto de categoría.

Noraboa

#clinicaveterinariaosalnes #cafeteriariosil

Trail da Filloa

- Zas, Febreiro 2022 -

Iván Sangiao 1º Senior no Trail da Filloa - Zas

O deportista do C.D.Biosbardo #plastifer cruzaba a liña de meta na cuarta posición co primeiro posto de categoría no gran trail de 43k.

Na mesma proba tivemos representación nos 27 quilómetros mentres que tamén estivemos no Trail de Gijón a xornada do sábado.

Noraboa deportistas!!!

Carreira Popular Castro de Rei

-Xaneiro 2022-

Roberto González, bronce master

Este domingo 9 de xaneiro estivemos nesta, xa icónica, proba de inicio de ano.

Esta carreira une os núcleos de Castro de Rei e Castro Ribeiras do Lea nuns 15 quilómetros aproximadamente. É unha carreira donde destaca o traballo dos voluntarios e o ambiente festivo.

En categoría Master, Roberto facíase coa terceira praza abrindo así o medalleiro biosbardo anual.

#plastifer #cafeteriariosil #clinicaveterinariaosalnes #deputaciondelugo #deportegalego

San Silvestre Monterroso

- Decembro 2021-

Marcos Codesal, 3º absoluto

O día 31 levouse a cabo a xa tradicional San Silvestre na localidade de Monterroso, na que se congregaron unha gran diversidade de clubs e deportistas galegos e foi controlada polos xuíces da Federación Galega de Atletismo.

O deportista friolés, Marcos Codesal facía "un carreirón" recuperando as boas sensacións e deixando un brillante 3º posto absoluto na proba monterrosina.

#deputaciondelugo #deportegalego #plastifer #cafeteriariosil #clinicaveterinariaosalnes

Trail San Silvestre Lousame

- Lousame - Decembro 2021 -

Enara Fernández subcampioa en Lousame

O domingo 26 de decembro desputouse esta proba con dous percorridos de 25 e 17 quilómetros respectivamente.

Jony, Marcos e Guille desputaron a proba longa nun día esixente marcado pola climatoloxía e un terreo complicado.

Enafa fíxose co subcampionato na proba de 17 quilómetros coa que remata a súa competición en montaña este 2021

CRONOESCALADA Á PEDRA DA RÁ

- Ribeira - Decembro 2021 -

Enara Fernández vence na Cronoescalada a Pedra da Rá

A deportista do C.D.Biosbardo #plastifer impúxose na proba barbanzá con autoridade, marcando a diferenza no tramo máis duro da carreira

Pechan as clasificacións biosbardas desta longa fin de semana Roberto González cun 6°posto veterán en Matallana del Torío e Iván Sangiao 4°absoluto en Ribeira.

Noraboa a tod@s

#cafeteriariosil #clinicaveterinariaosalnes #deputaciondelugo #deportegalego

ULTRA TRAIL MARÃO

- Portugal, Novembro 2021 -

Bronce Senior

Iván Sangiao, 3º Senior na Ultra Trail Marão 58k

O noso deportista viaxou ata terras lusas realizando a súa última proba desta modalidade na tempada actual, rematando como 4° absoluto e 3°posto Senior. A proba constou de 59 quilómetros con máis de 9 mil metros de desnivel acumulado.

Na Zurich Maratón Barcelona JJGuille realizou unha carreira fantástica amosando un gran estado de forma.

Noraboa deportistas

-Ultra Sanabria by Stages-

Zamora, Outubro 2021

Rematamos a Ultra Sanabria

Iván Sangiao acada un 3º posto absoluto na carreira grande: con 214 km e 10mil metros de ascenso na Glaciar Race.

Eneko e Enara debutaban nunha proba por etapas cun fantástico 7o posto mixto.

Noraboa. C.D.BIOSBARDO #PLASTIFER #CAFETERIARIOSIL #CLINICAVETERINARIAOSALNES #DEPUTACIONDELUGO #DEPORTEGALEGO

Gran Premio de Montaña A Rúa

-A Rúa de Valdeorras, Outubro 2021-

Continuamos cos resultados da primeira fin de Semana de Outubro:

Gran Premio de Montaña A Rúa

  • Jony fíxose co 1° posto Senior Masculino no minitrail
  • Eneko acadou o bronce Senior nos 27k
  • Iván subcampión dos 45k da Copa Galega defendendo ó GTR de Lalín.

Moito ánimo a Katia xa que non puido tomar a saída por un pequeno resfriado.

Noraboa a tod@s

XOVE COSTA TRAIL

-Xove, Agosto 2021-

Este domingo o C.D.Biosbardo #plastifer sumaba unha 3ª POSICIÓN absoluto na XOVE COSTA TRAIL

Iván Sangiao sumou un podio biosbardo ó tempo que algún dos nosos deportistas batía o seu récord persoal de distancia.

Noraboa a tods!

#deputaciondelugo #cafeteriariosil Clínica Veterinaria O Salnés .

III Asaltamontes

-Xunqueira de Ambía, Agosto 2021-

Prata para oC.D.Biosbardo #plastifer no Asaltamontes trail
Recuperando ritmo de carreiras, debutando Katia e cunha boa actuación do equipo, tamén colleitando unha prata senior nos 27k.
Noraboa e a seguir sumando

#cafeteriariosil
#clinicaveterinariaosalnes
#deputaciondelugo

TRAIL DAS BESTAS

-Muras, Xullo 2021-

Iván Sangiao, do C.D.Biosbardo #plastifer faise co Subcampionato absoluto no Maratón do Trail das Bestas.

Boa participación no resto das distancias, donde Guille, Enara, Jony e Katia desfrutaron dun día fabuloso no Xistral.

Noraboa #cafeteriariosil #clinicaveterinatiaosalnes #deputaciondelugo

RIAÑO TRAIL RUN

Riaño 1x, Xuño 2021

Roberto González fíxose coa 2ª posición na categoría Master na competición 1x Riaño Trail Run, que se levou a cabo na comarca leonesa.

González sueraba os quilómetros con seguridade baixando Gilbo con seguridade e desfrutando dunha gran acollida en meta.

TRANSFRONTERIZA

Bragança - Zamora, Xuño 2021

Iván Sangiao faise co 1º posto Senior da proba longa, que unía a zona portuguesa de Rio D'onor e Figueruela de Arriba en Zamora.

O deportista realizou unha boa carreira sufrindo polo calor do día entrando como 4º absoluto en meta.

Pola súa banda Eneko Hurtado realizou unha gran participación na distancia de 17k.


Campionato Galego de Trail

-A Pobra do Caramiñal, Maio 2021-

ENARA FERNÁNDEZ, Subcampioa Galega Absoluta.
 A nosa deportista fixo unha gran carreira, de menos a máis facéndose co subcampionato galego en categoría feminina.
Nas clasificacións de subcategorías Enara facíase coa primeira praza senior e Jonathan Pérez brillaba cun magnífico 2º posto senior.
NORABOA

Ultra Trail Sicó - Terras de Conímbriga

Condeixa - Portugal, Maio 2021

Iván Sangiao faise coa 3ª posición Absoluta.

O noso corredor completou o percorrido de 57 km e case 6 mil metros de desnivel facendo unha gran proba.

Un erro un abastecemento e perderse durante 1 km impediron que o noso deportista subise ó máis alto.

NORABOA

Trail Mosteiro de Caaveiro

-Fragas do Eume, Decembro 2020-

Victoria para Enara Fernández nesta edición en categoría feminina, cun percorrido de 15 km e 600 metros de desnivel.

No cadro masculino, Iván Sangiao é subcampión absoluto, a 3'' do gañador. Gran carreira de Adrián, Eneko, Roberto e Raúl.


Ultra Sanabria by Stages

-Sanabria - Zamora-

Na proba do Gran Premio Diputación de Zamora, sendo unha proba marcada excepcionalmente polos protocolos COVID o deportista Iván Sangiao facíase co 3º posto senior nunha carreira de menos a máis donde o noso atleta acusou a falla de actividade competitiva nos últimos meses.

NORABOA

#plastifer #deputaciondelugo #cafeteriariosil #clinicaveterinariaosalnes

II Trail Dos Foucellas

Baio (Zas, A Coruña)

O C.D. Biosbardo #plastifer gaña en Baio

Iván Sangiao fíxose coa victoria no Trail dos Foucellas

Enara Fernández quedou moi preto do podio conformándose coa 'medalla de chocolate'

Boa actuación dos nosos deportistas na volta á competición NORABOA


https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2020/10/13/lucense-ivan-sangiao-teresa-castro-conquistaron-trail-dos-foucellas/0003_202010C13C5992.htm


III Edición Campus Leyma

-Lugo-

Este domingo o C.D. Biosbardo #plastifer estivo na III Campus Leyma de Lugo, donde Raúl López acadaba un 🥈 posto da categoría.
Noraboa 💪
#deputaciondelugo #cafeteriariosil

Duatlón - Cross Meirás

-Sada-

🥉Este domingo o C.D. Biosbardo #plastifer facía podio con Roberto González no Duatlon Cross de Meirás 💪
Noraboa a tod@s
🤗

Nocturna Monumental

-Circuito Corre Con Nós-

Este sábado unha das rapazas do C.D.Biosbardo #PLASTIFER se facía coa primeira praza da categoría na Nocturna do circuito Corre Con Nós 💪
Noraboa Enara 🤗
#cafeteriariosil #deputaciondelugo #running

-Cross de Portomarín-

Trofeo Verxel

Este domingo o C.D.Biosbardo Suministros la Ronda participou no Cross de Portomarín, Trofeo Verxel donde Iván Sangiao acadaba a 🥈Senior.
Noraboa a tod@s
#cafeteriariosil #depulugo
📷fotocarlosgrafias

Trail Orixes

-Mondariz, 46km-

🏆Este fin de semana os deportistas do C.D.Biosbardo Suministros la Ronda estiveron en Mondariz e Velle.
🥉posto senior para Iván Sangiao en Mondariz na distancia maratón do Trail Orixes, 5h9' para completar os 46km entrano 9°da xeral.
👉Tamén destaca o 5°posto vet. para Roberto González en Velle.
Que a auga non nos pare
💪💪💪

Memorial Quique Casanova

-O Corgo-

🥉Bronce para Raul López no Memorial Quique Casanova.
O deportista do C.D.Biosbardo Suministros la Ronda completaba os 10 km do novo percorrido en O Corgo con boas sensacións a pesar de non ser a súa distancia.

Unha carreira moi pasada por auga

💪Noraboa 💪

Trail Terras do Mandeo

-Betanzos-

TRAIL ⛰TERRAS DO MANDEO
Hoxe o C.D. Biosbardo Suministros la Ronda estivo representado na distancia longa destacando:
🥈Enara Fernández acadaba a segunda posición Senior de igual xeito que 🥈Roberto Gonzalez o facía en Master3.
Noraboa a tod@s 💪

CUMIOS DO COUREL

-QUILÓMETROS VERTICAIS-

Enara Fernández acada a 🥉 posición nos Quilómetros Verticais Cumios do Courel. A deportista do C.D. Biosbardo Suministros la Ronda mantívose moi regular rematando as 3 probas ⛰ como 3a na Clasificación Xeral.
Noraboa Campioa 💪
📸podio absoluto

Trail das Pontes

🏆Continuamos sumando, desta vez o C.D. Biosbardo Suministros la Ronda suma unha 🥈na categoría veteráns da man de Roberto González no Trail das Pontes 27k
💪Noraboa

III Rinlo - Ribadeo

🏆 III Nocturna Rinlo Ribadeo
Enara Fernández acada o 🥉 3° posto senior na carreira nocturna de case 9km que une as dúas localidades. A corredora do C.D. Biosbardo Suministros la Ronda suma así o seu segundo podio consecutivo na Mariña Lucense.
Noraboa 💪

Nocturna Cidade de Viveiro

En homenaxe a Adrián Ben

🏆Enara Fernández faise na Nocturna de Viveiro co segundo posto Senior... e tódolos nosos atletas no 🔝7 das súas categorías 💪
Este domingo estaremos en Foz 🤗
📸foto de arquivo

Carreira Benquerencia "Terra e Mar"

Barreiros

🏆Raul Lopez acada o 1° posto en Benquerencia, o atleta xuvenil do C.D. Biosbardo Suministros la Ronda completa os 7.400 da proba acadando así un novo éxito 💪
Noraboa


LX Carreira de Pardiñas

🏆 Hoxe en Guitiriz, na LX edición da Carreira de Pardiñas. O noso deportista Iván Sangiao acada o 🥇 posto Senior e 🥉absoluto.
Noraboa a tod@s

10 K "Burela Bonita"

Carreira Nocturna en circuito urbán

🥉Bronce para Iván Sangiao nos 10k Burela Bonita
O atleta do C.D. Biosbardo Suministros la Ronda sube no chanzo de bronce da categoría Senior nesta proba dentro do circuito TOUR Mariña.
Noraboa a tod@s pola participación da fin de semana 💪

Carreira Concello de Begonte

@s atletas de categoría xuvenil continúan a darnos grandes sorpresas no C.D. Biosbardo

A carreira organizada polo Concello de Begonte foi testigo, donde fixeron un gran papel, destacando a
🥈Prata para Raúl López (xuvenil).


Gran Trail Aldeas do Courel

-Folgoso do Courel-

Unha das probas máis duras de Galicia.

Enara Fernández completou os 35 km. da proba e 2200 metros de desnivel positivo a un ritmo forte e constante, acadando a 2ª praza da categoría absoluta e tamén da categoría sénior.

Un resultado fantástico nunha proba valorada con 2 puntos ITRA.

NORABOA

-C. Solidaria CPI Cervantes-

-Lugo-

O C.D.Biosbardo Suministros la Ronda segue sumando, nesta ocasión da man desta promesa xuvenil.
💪Tamén destacar que dous dos nosos atletas entraron no top10 da carreira absoluta.
Noraboa 💪
#depulugo #cafeteriariosil

CAMOVI

-Viveiro-

RESULTADOS CAMOVI do C.D. Biosbardo Suministros la Ronda
🥈Segundo posto en 44k en categoría mixta para Iván e Enara, ademáis 3° posto na Xeral
🥉Bronce para Roberto en 21k na súa categoría
Gran ambiente en tódalas probas deste fin de semana
💪💪NORABOA DEPORTISTAS

Media Maratón Ciudad de Dueñas

-Palencia-

Roberto González continúa en racha.

Desta volta acada o primeiro posto na súa categoría na media maratón Ciudad de Dueñas, desputada na provincia de Palencia.

Noraboa


CARREIRA DO AUGARDENTE

-Portomarín-

🥇Ouro para Roberto G. na Media Maratón de Dueñas (Palencia), cat.Master
🥉Bronce para Raul L. na Carreira da Augardente de Portomarín, sub21
👉Son os resultados máis destacados desta fin de semana do C.D. Biosbardo Suministros la Ronda donde as e os nosos deportistas estiveron repartidos en moitas probas.
💪Noraboa

XOVE COSTA TRAIL

🥉BRONCE para Roberto González no Xove Costa Trail
Este foi o resultado máis destacado desta fin de semana do C.D. Biosbardo Suministros la Ronda.
Segundo podio consecutivo para o noso atleta que continúa a súa progresión.
Boa participación para @s nosos repesentantes en #monforte e #oia.
Noraboa 💪

TRAIL MONTES DO COUZADOIRO

-Ortigueira-

🥉Bronce para Roberto González en Ortigueira
O atleta do C.D.Biosbardo Suministros la Ronda acada o bronce na categoría veteráns no IV Trail Montes do Couzadoiro na diatancia de 25k 💪
⛰Na mesma proba Iván acadou o posto 6 da xeral en 25k mentres que Enara facíase coa 5a praza feminina na distancia 12k.
🏃‍♂️Tamén nos 10k #monterroso Luis entraba entre os 20 primeiros da categoría mentres as nosas rapazas participaban da andaina.
Vaia fin de semana 🤗
#trailrunning
#deputaciondelugo
#cafeteriariosil

Trail de San Isidro

-A Pobra do Caramiñal-

🥉Enara Fdz. suma e segue
A deportista do C.D. Biosbardo Suministros la Ronda facíase este domingo 24 de febreiro co 3°posto senior no Trail de San Isidro.
Noraboa e a desfrutalo 💪

Corre Con Nós

-Proba do Rio Rato-

🏃‍♂️ Raul Lopez 3° posto xuvenil na CCNos
Un dos resultados destacados esta fin de semana dos deportistas do C.D. Biosbardo Suministros la Ronda na proba do Río Rato.
⛰Por outra banda Iván Sangiao finalizaba 8° senior no Maratòn do Trail do Castelo donde tamén estivemos presentes na andaina.
Noraboa 🤗

Trail A Camelia

-Vedra-

🏅2° posto para Enara F. no Trail da Camelia
A deportista do C.D.Biosbardo Suministros la Ronda facíase coa prata na división senior feminino 💪 este pasado Domingo na distancia 14k. Unha carreira na que foi de menos a máis.
Noraboa 🤗

CROSS COMARCAL MARIÑA LUCENSE

-LOURENZÁ-

🏃‍♀️Este domingo o C.D. Biosbardo Suministros la Ronda estivo representado no Cross da Mariña Lucense, en Lourenzá.

O deportista Iván Sangiao sumou puntos cos atletas do Club Atletismo Vilalba clasificando na 🏆 2ª posición por equipos para a seguinte fase.
Noraboa

II CARREIRA DE CASTRO DE REI

🏅Bronce para Enara Fdz
Esta fin de semana estreamos a tempada atlética de 2019 na Carreira de Castro de Rei. A nosa deportista de categoría senior acadaba un 3° posto nos 15k da proba, na que tódol@s deportistas tiveron moi boas sensacións 💪
Noraboa equipo

TRAIL DAS BESTAS

🥈Hoxe o noso corredor Iván Sangiao acadou un segundo posto no Trail das Bestas (Muras).
💪O C.D. Biosbardo Suministros la Ronda tomou parte nas modalidades de carreira e tamén "andaina" nesta segunda edición que superou os 300 inscritos.
Noraboa polo esforzo, desfrutádeo🤗

Carreira por Montaña Canóns do Sil

Proba que reunía o mellor de España xa que albergaba o campionato de España de Clubs na categoría 33k mentres que xuntaba o campionato galego nas distancias media e longa.

🥇Enara ouro en Parada de Sil
Noraboa para a deportista do C.D. Biosbardo Suministros la Ronda💪
Compartimos foto co vencedor absoluto na proba longa 🔝 #zaidsequeda



Arumes do Corgo "Memorial Quique Casanova"

🥉Bronce para Roberto en O Corgo
🏃‍♀️Continuamos co resumo da fin de semana do C.D. Biosbardo Suministros la Ronda, desta volta coa carreira do sábado que reuníu máis de 300 atletas en O Corgo, no "Memorial Quique Casanova".
Roberto acadaba un bronce en Veteráns. ¡Noraboa! 💪

Val das Fabas - Lourenzá

🤗Hoxe fixemos un 'alto' no San Froilán para continuar coa festa do deporte en Lourenzá.
Bó ambiente coincidindo na festa da faba e boa organización🔝.
Noraboa polo esforzo atletas 💪

Unha vez máis, Roberto González volve a sorprendernos acadando o Bronce na súa categoría.

Monumenal de Mondoñedo

🏅Ouro para Raul Lopez
O xoven corredor do C.D. Biosbardo Suministros la Ronda subiu este domingo ó máis alto na Carreira Mondoñedo Monumental na categoría Sub 20 💪
Pola súa banda, e nas respectivas categorías Roberto, Manolo, Adri e Iván (este último en Lugo) acadaban o 4° posto en candasúa, mentres que Vero por un problema co chip de cronometraxe non rexistraba tempo. Moi boa carreira de tod@s 🤗🤗
🔝🔝Noraboa equipo!!

TERREMOTO TRAIL - Triacastela

🏅Prata para Roberto no Terremoto Trail
Ata Triacastela se desprazaron os nosos, donde o deportista do equipo Suministros la Ronda Roberto G. acadaba un formidable segundo posto no trail de 28k⛰️.
🤗Destacar o percorrido, duro pero fermoso e ben sinalizado donde tod@s @s deportistas desfrutaron.
Noraboa a tod@s

NOCTURNAS Rinlo-Ribadeo & Vilalba

🏃Nocturnas de Vilalba e Ribadeo
Os nosos xuvenís acadan uns meritorios segundo e terceiro posto se ben o dominio foi en todo tempo do Atleta do Lucus.
🏆Resultados destacados da fin de semana:
Raul - 2° xuvenil, Vilalba
Adrián - 3° xuvenil, Vilalba
Manolo - 7° veteráns, Vilalba
Luis - 8° veteráns, Vilalba
Roberto - 4° veteráns, Ribadeo
Enara - 4° senior, Ribadeo
🤗Noraboa a atletas e compaleir@s

Benquerencia Terra e Mar

🏃🥇 Raul López imponse en Benquerencia.
O atleta xuvenil gaña con comodidade na súa categoría facendo incluso un formidable tempo na categoría absoluta (16° na xeral 💪). Noraboa a el e a tódol@s atletas que desfrutaron co deporte esta fin de semana.
🤗🤗Noraboa equipo!

Trail Galaica - Pantón

⛰️Trail Galaica - Pantón
Hoxe o club patrocinado e sponsorizado por Suministros la Ronda acada unha nova victoria. 🥇Nesta ocasión na categoría senior da distancia longa do Trail de Pantón.
Noraboa equipo 💪

Curtis Teixeiro 11k

🏃Curris-Teixeiro 11k
No día de hoxe un dos nosos deportistas acadou a 🥈prata nesta proba solidaria contra o cancro, que organizaba a F.G. de atletismo.
Noraboa equipo Suministros la Ronda

Carreira Popular de Begonte

Os nosos xuvenís continúan coa súa racha. Desta ocasión acadan unha prata e un bronce da man de Raúl e Adrián. Unha carreira desputada ata o final.

Pola súa banda o resto de compoñentes realizaron unha fantástica carreira, dende a categoría mini ata vetetráns

Carreira solidaria CPI Cervantes

🏃🤙Carreira Solidaria Colexio Cervantes

Ouro para Raul, Prata para Ruth e Bronce para Adrián.

Noraboa e un gran traballo de base.

"Hai Canteira"

Media Maratón Cidade de Lugo

🏃💪Medio Maratón Cidade de Lugo
Roberto G. sube ó podio cun terceiro posto en veteráns donde @s atletas desfrutaron, suaron e fixeron unha boa carreira 💪
Noraboa ó equipo e a Roberto que cada vez se sinte mellor coa distancia

TRAIL DO LOR

A proba máis dura de Galicia

Powerade Quiroga Trail Challenge, Trail do Lor:

Bronce para Roberto Gonzalez Garcia no Trail do Lor #Quiroga Trail Challenge
Grande crack!!!

CARREIRA DA AUGARDENTE

Portomarín

🏃Portomarín
Un percorrido fermoso ó carón do río no que a pesares da data puidemos participar. En masculino Iván acadaba un 3°posto mentres que en feminino Enara ficaría na 7° posición.
⚠️Nesta data de retorno para moit@s recomendamos atención, previsión e prudencia ó volante

Trail Lucus Mountain

🏃Trail Lucus Mountain ⛰️

Hoxe os nosos deportistas desputaron esta fermosa proba polos montes de #lugo desfrutando un bó ambiente e un percorrido fermoso.
Iván Sangiao acadaba o 5°posto na súa categoría mentres que 🏅Roberto González alcanzaba o podio cun formidable bronce 🏅
💪Noraboa a tod@s

CORRE CON NÓS

Río Rato

🏃Corre Con Nos Rio Rato 🏃

A pesar das baixas varios dos nosos atletas desputaron a carreira da capital estreando equipacións Suministros la Ronda

Noraboa

10k MONTERROSO

🏃10k Monterroso 💪

Os nosos deportistas seguen sumando e desfrutando coa mellor das compañas. Hoxe andaina e carreira 10k organizados pola federación galega de atletismo e o concello de Monterroso.
🏆Roberto Gonzalez continúa asíduo ao podio cun gran 3° posto a pesares de estar recuperándose da súa lesión no cross de lourenzá.

Tamén participamos na "andaina" que se levou a cabo tamén nos 10 K, mérito polo chaparrón que sufriron varias das nosas compañeiras

Memorial Eduardo Fernández "Negrín"

Rábade

🏃 Este último sábado de xaneiro @s nos@s atletas desprazaranse ata a veciña localidade de Rábade.
Alí terá lugar o Memorial Eduardo Fernández "Negrín", unha cita tradicional donde acudirán parte dos nosos equipos feminino e masculino.
Desfrutádeo

CROSS LOURENZÁ

🏆 Victoria hoxe de Rober no Cross da Mariña. 🏃 Boa carreira, bó ambiente e unha xente fantástica 💞 #running #lugo #cross. #lourenzá

CORRE CON NÓS

🏃CORRE CON NÓS 2018🏃Hoxe varios dos nosos deportistas desputaron a primeira carreira. Unha proba moi animada donde o pasamos en grande deportistas e acompañantes.Mañá domingo competimos en Lourenzá 💪

II CROSS PONTE ROMANA

Debut de Roberto González na modalidade de Cross, non podendo ser doutro xeito que na cidade de Lugo en un evento inigualable adherido ó circuíto ANOC e incluído dentro do calendario oficial da Federación Española de Atletismo na modalidade de cross.

Fantástica estrea do noso deportista acadando un meritorio 13º posto nunha das categorías con máis experiencia do evento.

Carreiras de "Reis"

7 de xaneiro, volta das vacacións

Os nosos deportistas inauguran este ano 2018 en dúas probas moi dispares, por un lado Iván Sangiao nos 14km de Castro facendo un 10º posto da categoría e Roberto González nos 7km de Sariegos (León) facendo un 3º posto da súa categoría. ¡NORABOA!

XV LUGO MONUMENTAL

Edición de 10 km na cidade de Lugo, un marco inigualable para estrenar as novas equipacións.

CROSS VILA DE AS PONTES

Primeiro Cross da sección de atletismo da entidade.

Proba levada a cabo no entorno da Fraga de As Pontes, nun ambiente húmido ó carón do Eume.

URBAN TRAIL NIGHT EUROCIDADE

Carreira nocturna de Portugal a Galicia

Primeira proba internacional para o noso combinado.

Ata Valença-Tui desprazamos ós nosos dous corredores máis veloces, Roberto G. e Iván S. que percorreron as dúas localidades históricas en menos de 50 minutos facendo deste peculiar trail nocturno de 14 km unha cita recomendable.

NORABOA

MÁIS INFORMACIÓN E FOTOS NAS NOSAS REDES SOCIAIS, FACEBOOK E INSTAGRAM